Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO IMPARTE CHARLAS DE PREVENCIÓN DO COVID-19 DIRIXIDAS AO PERSOAL DAQUELES CENTROS DO MUNICIPIO CON USUARIOS INTERNOS

O Servizo de Emerxencias Municipal estivo hoxe cos/coas traballadores/as do Centro de Día Residencia de San Ciprián detallándolles, por quendas, os protocolos de seguridade que deben cumprir estritamente para previr contaxios  

 É fundamental extremar as precaucións tanto no centro de traballo como nos seus fogares, para evitar que o virus poida entrar do exterior

Desde o Servizo apuntan que o cadro de persoal está a ser extremadamente coidadoso, seguindo, en todo momento, as directrices marcadas

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Protección Civil, dirixidas por Pilar Armada e Alfredo Fernández, e do servizo de emerxencias municipal cuxo responsable é Mario Antuña; imparte estes días charlas de prevención de contaxio do COVID-19 dirixidas aos/ás traballadores/as daqueles centros do municipio que contan con usuarios/as residentes.

O Servizo de Emerxencias Municipal, desprazouse no día de hoxe ata o Centro de Día Residencia de San Ciprián, no que non hai diagnosticado ningún caso de coronavirus na actualidade, para afondar precisamente nos protocolos de seguridade e prevención que debe seguir estritamente o persoal, para evitar que o virus poida entrar do exterior.

De tal xeito, recordóuselles que é fundamental extremar as precaucións tanto no centro de traballo como cando van aos seus fogares, para previr contaxios. Deben ser especialmente estritos/as, por exemplo, coa indumentaria; evitando en todo momento que o vestiario que traen do exterior entre en contacto coas instalacións que comparten coas persoas usuarias; e que a roupa de traballo quede sempre no centro; onde teñen que extremar as medidas de hixiene e prevención seguindo as recomendacións de Sanidade.

Con todo, desde o Servizo de Emerxencias, puideron constatar que a desinfección interna das instalacións se está a facer correctamente, e que o persoal está a ser extremadamente coidadoso, seguindo en todo momento as consignas fixadas para minimizar o risco de contaxio do virus.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa