Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHAS XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tal e como explica a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, promovemos, en colaboración coa concellería de Educación e a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, “un certame de banda deseñada entre a comunidade escolar, instalaremos un Punto Lila de información no mercado semanal de San Ciprián e propoñemos un taller de achegamento entre mulleres”; con aforo limitado e respectando sempre todas as medidas de prevención fronte o COVID

Convócase tamén un minuto de silencio o mércores, 25 de novembro, ás 12:00 horas, tanto na Casa do Concello como na Casa da Cultura; que terá lugar de novo o xoves á mesma hora no Mercado da Praza dos Campos en recordo das vítimas da violencia machista; e iluminaranse de morado os edificios públicos durante toda a semana

As persoas interesadas en participar no obradoiro que que leva por título “ver para crecer” e que terá lugar o venres ás 17:00 horas na Casa da Cultura, poden inscribirse a través do correo xornadas25n@gmail.com ou no teléfono 982 55 77 77

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa concellería de Educación e da asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, programa unhas xornadas de concienciación, sensibilización e condena da violencia de xénero, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Tal e como explica Armada, promovemos un certame de banda deseñada dirixido á comunicade escolar, cuxas bases de participación publicaremos o mesmo día 25 de novembro, na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.

Ademais, durante toda a semana, iluminaremos de morado os diferentes edificios públicos como símbolo de repulsa da violencia de xénero e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron nas súas vidas esta lacra.

O xoves, 26 de novembro, instalarase no Mercado Semanal de San Ciprián que se celebra na Praza dos Campos, un Punto Lila de información; e tamén propoñemos –engade- para o venres 27 un taller de achegamento entre mulleres baixo o epígrafe “ver para crecer”, que terá lugar na Casa da Cultura, ás 17:00 horas. Debido ás limitacións polo COVID, o aforo estará limitado a 5 persoas por grupo, polo que a fin de deseñar a actividade as persoas interesadas en participar neste taller gratuíto deben inscribirse no correo xornadas25n@gmail.com ou no teléfono 982 55 77 77.

Convócase tamén un minuto de silencio o mércores, 25 de novembro, ás 12:00 horas, tanto na Casa do Concello como na Casa da Cultura; que terá lugar de novo o xoves á mesma hora no Mercado da Praza dos Campos en recordo das vítimas da violencia machista.

Desde o Concello de Cervo animan a participar nas diferentes actividades propostas nestas xornadas con responsabilidade e respectando todas as medidas de prevención fronte ao coronavirus.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa