Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DESTINA MÁIS DE 70.000 EUROS DO ORZAMENTO ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS, SOCIAIS E CULTURAIS DO MUNICIPIO

Nestes días estase a proceder ás sinaturas das axudas nominativas “como recoñecemento a un traballo fundamental para o noso municipio, ao que dedican moitas horas do seu tempo e que desenvolven de xeito totalmente altruísta en beneficio de todos”

O Concello de Cervo está a proceder estes últimos días do ano ás sinaturas das diferentes axudas nominativas que están dirixidas ás diferentes entidades deportivas, sociais e culturais do municipio “que desenvolven un traballo fundamental no noso municipio de xeito totalmente altruísta en beneficio de toda a veciñanza”.

Tal e como explicou o rexedor, que está a manter diversos encontros cos representantes de cada colectivo acompañado dos edís do departamento correspondente; “destinamos algo máis de 70.000 euros do orzamento municipal para colaborar cos gastos de funcionamento destas asociacións que enchen de vida Cervo, con diferentes actividades ao longo de todo o ano e/ou que desenvolven un papel primordial en beneficio da comunidade”.

Sabemos que este ano que está a ser moi difícil para todos –engade- “tamén afectou sensiblemente ao día a día de todas estas asociacións, que viron tremendamente limitada a súa actividade por mor da pandemia; pero agardamos que no 2021 podamos retomar, sempre priorizando a seguridade, parte desa vida e dese dinamismo que caracteriza a Cervo, e no que desempeñan un papel moi importante estes colectivos.

Villares apuntou que á marxe desta axuda directa, dende o Concello de Cervo “tentamos colaborar sempre en todo o que está na nosa man na organización dos diferentes eventos, con todos os medios materiais e humanos que temos a disposición”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa