Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ALBERGARÁ UN PUNTO DE ENCONTRO FAMILIAR QUE DARÁ SERVIZO A TODA A MARIÑA

O novo recurso de apoio ás crianzas e ás familias estará situado no edificio do Ecomuseo (antiga Casa Consistorial) que será cedido pola administración local para tal fin

A conselleira de Política Social, Fabiola García, fixo o anuncio esta mañá durante a súa visita ao municipio

O rexedor, Alfonso Villares, quixo agradecerlle á Xunta de Galicia, á conselleira e a todo o seu equipo a elección de Cervo para a posta en marcha deste servizo “tan necesario na sociedade actual” que se prevé que estea en funcionamento no primeiro semestre de 2023

O Concello de Cervo é o lugar elixido pola Xunta de Galicia para albergar un Punto de Encontro Familiar (PEF) que dará servizo ás familias de toda A Mariña, tal e como o anunciou este mediodía a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa visita ao municipio.

O novo recurso situarase no edificio do Ecomuseo, en Cervo (antiga Casa do Concello) que será cedido pola administración local para tal fin.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as concelleiras de Educación e Medio Ambiente, e o edil de Deportes, Dolores García Caramés, Mali Méndez, e David Rodríguez, respectivamente, acompañaron á conselleira na visita ás instalacións do edificio que será adecuado pola administración autonómica para converterse no noveno Punto de Encontro Familiar de Galicia –existe un en cada unha das 7 grandes cidades e un punto comarcal na Barbanza-.

En palabras do rexedor “é unha gran nova para o noso Concello e para toda a comarca da Mariña” e quixo agradecer á Xunta de Galicia, á conselleira e a todo o equipo a elección de Cervo para a posta en marcha deste recurso “tan necesario na sociedade actual” e que se prevé que estea en funcionamento no primeiro semestre de 2023.

Para elo cedemos unha instalación municipal –engadiu- moi simbólica para todos os cervenses porque foi a antiga Casa do Concello; un emprazamento que desde a consellería consideraron idóneo “pola súa situación e polas características do inmoble”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa