O CONCELLO DE CERVO CONMEMORÁ O DÍA DA MULLER O SÁBADO 10 DE MARZO
Haberá un monólogo a cargo de Xan Veiga, unha cea con agasallos sorpresa para as asistentas e baile a cargo do dúo Epo-k
- Os actos foron consensuados entre a delegación de Muller e Igualdade do Concello de Cervo e as diferentes asociacións de mulleres do municipio
A Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller, que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio.
Os actos están programados para o sábado 10 de marzo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistiu á presentación da programación, na que tamén estivo presente a edil responsable do departamento, Pilar Armada; e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio que colaboran: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Armada recordou “que entre todas, conseguimos perfilar e consensuar un programa co que pretendemos chegar a todas as mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico este día, pero sempre presentes e participativas no día a día do noso municipio”.
Deste xeito, o Concello organiza un campionato de tute e parchís, que xa se está a xogar neste mes de febreiro.
Ademais, o sábado 10 de marzo, ás 20:00 horas o monologuista Xan Veiga actuará na Casa do Mar, nun acto aberto a todo o púbico.