Servizos Sociais
« Atrás

UNHA VINTENA DE PARELLAS PARTICIPAN NO CAMPIONATO DE TUTE E PARCHÍS CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER

Os trofeos estegaranse o 10 de Marzo, na Cea do Día da Muller, que organiza o Concello de Cervo

  • Haberá un monólogo, unha cea con agasallos sorpresa para as asistentas e baile
  •  
  • O prazo para anotarse á cea está aberto ata o 8 de marzo

A Casa do  Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 10 de marzo.

Están xogando, en horario de mañá e tarde, 20 parellas, 10 ao parchís e 10 ao tute.

A edil delegada de Muller, Pilar Armada, sinalou que  “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Buenavista, o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas; alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”. 

Armada destacou que hai motísima afección por parte das mulleres de Cervo tanto polo tute como parchís e boa mostra diso son os anos que levamos organizando este campionato, e nesta ocasión incluso temos anotadas máis parellas que en edicións anteriores; cremos que é unha boa iniciativa para que as mulleres se reúnan e pasen un bo anaco todas xuntas”.

Armada recordou que “o prazo para anotarse a esta cea está aberto ata o 8 de marzo e as interasadas en asistir poden retirar os seus tickets a través das diferentes asociacións e tamén na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).

O programa de actos foi consensuado entre o Concello e todas as asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Ese sábado, 10 de marzo, ás 20:00 horas, está previsto que actúe o monologuista Xan Veiga na Casa do Mar, nun acto aberto a todo o púbico.

E logo da cea, a xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Epok-a

O Concello de Cervo anima a todas as mulleres do municipio a que se sumen aos diferentes actos programados nesta xornada.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa