Servizos Sociais
« Atrás

OS USUARIOS DA ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL COLABORAN CO ENCONTRO DE PALILLEIRAS ELABORANDO CHAVEIROS ARTESANAIS

 Cada participante recibirá unha peza como recordo do evento

  • Unhas 600 artesás amosarán o seu arte no Pavillón da Veiga durante toda a xornada

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía aos usuarios da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, na Estrada de Sargadelos.

O rexedor e a edil, acompañados pola directora do centro María José Novoa, puideron ver en primeira persoa como están a traballar na elaboración dos agasallos que entregará o Concello a modo de recordo a cada unha das palilleiras que participen no XV Encontro que terá lugar este sábado no Pavillón da Veiga.

Tal e como apuntou Armada “entregaremos un bonito chaveiro artesanal a cada palilleira que nos visite; e contamos reunir unhas 600 artesás nesta instalación municipal que xa estamos acondicionando para a ocasión”.

O rexedor sinalou que “cremos que este tipo de colaboracións son  importantes porque contribúen tamén a visibilizar e a poñer en valor o gran traballo que fan no centro durante todo o ano nun evento que reúne a tanta xente como é o Encontro de Palilleiras”.

Villares engadiu que “esta é unha desas actividades que axudan a dinamizar todo un pobo porque temos que recordar que son centos os visitantes que chegarán ao noso Concello esta fin de semana na que a ocupación hostaleira xa sabemos que rondará o 100%”.

A xornada comezará coa recepción das palilleiras ás 10:00 horas, a inauguración está prevista para as 12:30 horas, e durante toda a xornada as artesás estarán encetando no Pavillón; tamén se programarán visitas á Fábrica de Cerámica e ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Ademais haberá sorteos, música a cargo do Grupo Folklórico Airiños do Xunco, e venda de produtos relacionados coa artesanía.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa