Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REMATOU O PROCESO DE ADXUDICACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA, QUE SERÁ POR DOUS ANOS E SEMPRE BAIXO SUPERVISIÓN MUNICIPAL

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia é a empresa que obtivo maior puntuación

  • O rexedor sinalou que “a nosa veciñanza terá prioridade de acceso a este novo servizo, que é un piar fundamental de apoio ás nosas familias; sen esquecernos das oportunidades laborais e da dinamización da economía local que traerá consigo”
  • Será a comezos do mes de xuño (a data concretarase proximamente) cando as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello
  • A partir do mes de xullo o centro estará en funcionamento

O Concello de Cervo vén de rematar o proceso de adxudicación da xestión do Centro de Día Residencia, ubicado na zona da Veiga, en San Ciprián.

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia foi a empresa que obtivo unha maior puntuación.

O rexedor recordou que foron catro as sociedades que se presentaron ao concurso e “unha vez  analizadas todas as ofertas, tanto desde punto de vista dun xuízo de valor como desde un punto de vista cuantificable, esta foi a que acadou unha maior puntuación, con 89 puntos, e xestionará, sempre baixo supervisión municipal, o servizo”.

O noso desexo foi sempre o de poñer a andar un centro de día residencia baixo unha xestión municipal directa –recordou Villares- pero, por motivos legais, e dadas as limitacións fixadas pola lexislación estatal, apostamos pola xestión indirecta supervisada, e sempre garantindo a calidade do servizo. Trátase dunha concesión inicial de dous anos, un período curto de tempo no que día tras día poder confirmar a boa xestión ou, se fose necesario, cambiar o dito modelo para así sempre, poder blindar a calidade dun servizo de titularidade municipal, importantísimo para toda a veciñanza de Cervo, e garantir así o seu bo funcionamento”.

Villares apuntou que agora tan só resta aprobar en pleno o réxime interno, que estimamos que será no mes de maio; e a comezos de xuño será cando as persoas interesadas xa poderán presentar a súa solicitude de acceso no Rexistro do Concello. A data concreta a partir da que poden entregar este documento aínda está por definir “pero informaremos aos nosos veciños puntualmente en canto se concrete”.

O alcalde avanzou que será a partir do mes de xullo cando o Centro de Día Residencia entre en funcionamento; “polo que estamos nun momento importante para o Concello de Cervo, xa que contamos cun novo servizo para toda a veciñanza: o primeiro centro específico de atención ás persoas maiores ou en situación de dependencia do noso municipio”.

Este centro -engadiu- foi unha aposta firme e constante deste goberno, que requiriu que dun investimento que superou os dous millóns de euros; procedentes nun alto porcentaxe, da Xunta de Galicia. Un diñeiro que consideramos ben investido, “porque somos conscientes de que este centro é un piar fundamental de apoio ás nosas familias; sen esquecernos das oportunidades laborais e da dinamización da economía local que traerá consigo”

Os veciños e veciñas de Cervo teremos preferencia de acceso a este servizo –continuou- “no que nos atoparemos nun entorno coñecido; preto dos nosos familiares e amigos; evitando o desarraigo, porque este é un servizo pensado para o noso presente e tamén para o noso futuro”.

O Centro dispón de 54 prazas de residencia e 25 de centro día.

 

 

A Mesa de Contratación clasificou as ofertas presentadas, segundo a seguinte listaxe:

 

EMPRESA

Puntos

ASOCIACION EDAD DORADA MENSAJEROS DE LA PAZ CASTILLA-LA MANCHA Y GALICIA

89,00

IDEA SERVICIOS SOCIO SANITARIOS S.L.

84,08

SERGE LUCENSE S.A.

80,07

UTE SERVICIOS ASISTENCIALES RIAZOR S.L. E ATENDO CALIDADE S.L.

78,40

ASOCIACIÓN EDAD DORADA MENSAJEROS DE LA PAZ CASTILLA-LA MANCHA Y GALICIA comprométese a levar a cabo o obxecto do contrato nos prezos:

 

CDR

Prezo praza

PRAZAS

DÍAS

TOTAL

Residencia Autónomos

33,00 €

15

360

178.200,00 €

Res. dependentes grao I

38,50 €

10

360

138.600,00€

Res. dependentes grao II

42,25 €

12

360

182.520,00€

Res. dependentes grao III

44,00 €

13

360

205.920,00€

Res. atención nocturna con transporte

22,50 €

4

360

32.400,00 €

CD estadía completa con transporte

26,00 €

20

360

187.200,00 €

CD media estadía con transporte

17,00 €

5

360

30.600,00 €

                                                                

Total: 955.440,00 €/ano; 2 anos: 1.910.880,00 €.

 

*A empresa ten recoñecida a exención do IVE

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa