Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO LEVA A PLENO A APROBACIÓN DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA

É o derradeiro paso para a posta en marcha do servizo que terá lugar, previsiblemente, no mes de xullo

  • As persoas maiores ou en situación de dependencia e as familias interesadas, poden presentar a súa solicitude de acceso desde o 14 de xuño no Rexistro do Concello; terá preferencia a veciñanza de Cervo
  •  
  • O 11, 12 E 13 de xuño están programas unha xornadas de portas abertas para que os potenciais usuarios e as familias poidan coñecer as instalacións

O Concello de Cervo levará ao pleno ordinario que se celebrará esta tarde a aprobación do Regulamento de Réxime Interno do Centro de Día Residencia, o paso derradeiro para a posta en funcionamento do servizo, logo de que o pasado mes de abril rematase o proceso de adxudicación, no que Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia foi a empresa que obtivo unha maior puntuación.

Tal e como avanzou o alcalde, Alfonso Villares, é necesaria a aprobación deste regulamento en pleno previo paso á posta en funcionamento do Centro; e nestas normas recóllense os servizos básicos da instalación (manutención e dietas, limpeza e mantemento, servizo de transporte…), cuestión relativas á documentación que é preciso presentar ao ingresar, normas de convivencia e dereitos e obrigas dos usuarios..; entre outros aspectos”.

O alcalde tamén anunciou que desde o Concello “editamos uns folletos informativos que chegarán a cada un dos domicilios do noso municipio, para que a nosa veciñanza, que ten prioridade de acceso ao servizo, saiba de primeira man que a partir do 14 de xuño e ata o 29 do mesmo mes, as persoas maiores ou en situación de dependencia e as familias interesadas, poden presentar a súa preinscrición no Rexistro do Concello; logo desa data farase unha valoración incial das solicitudes, e o listado de demandantes irase actualizando con carácter semanal”.

Os días 11, 12 e 13 de xuño, tal e como se recolle tamén na publicación explicativa, haberá xornadas de portas abertas para que os potenciais usuarios e as familias poidan coñecer, in situ, as instalacións.

O alcalde apuntou que será a partir do mes de xullo cando o Centro de Día Residencia entre en funcionamento; “polo que estamos nun momento importante para o Concello de Cervo, xa que contamos cun novo servizo para toda a veciñanza: o primeiro centro específico de atención ás persoas maiores ou en situación de dependencia do noso municipio; que está pensado para o noso presente, pero tamén para o noso futuro”.

O Centro dispón de 54 prazas de residencia e 25 de centro día. Conta con cociña integrada con menú personalizado en función das necesidades do usuario, lavandería, sala de rehabilitación, enfermería, baños individuais adaptados, bañeiras xeriátricas…; e ofrece servizo de rehabilitación funcional, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, atención médica e de enfermería, así como atención sociosanitaria preventiva.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa