Servizos Sociais
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONTRIBÚE CON CASE 5.000 EUROS Á POSTA EN MARCHA DO OBRADOIRO DE CERÁMICA DA ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL A MARIÑA

Vén de adquirir un forno no que elaboran pezas únicas e orixinais “o que supón grandes beneficios físicos e mentais para as persoas usuarias deste centro”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron este mediodía ás persoas usuarias e á plantilla de profesionais da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, que está ubicada no municipio.

Alí puideron coñecer de primeira man o proxecto que veñen de iniciar coa posta en marcha dun obradoiro de cerámica.

Villares precisou que “desde o Concello mantemos unha colaboración moi estreita con este centro desde os seus inicios e nesta ocasión, tamén quixemos poñer o noso grao de area para a posta en marcha desta nova iniciativa que tantos beneficios lles reporta ás persoas usuarias”.  Así –engadiu- adquirimos con fondos municipais un forno que supuxo dun investimento de 4500 euros, coa que elaboran pezas únicas e orixinais no seu día día “o que supón grandes beneficios físcios e mentais para todos eles e todas elas”.

Esta aportación vén sumarse a unha axuda directa nominativa de 12.000 euros que se fixa cada ano no orzamento municipal co único obxectivo de contribuír a que poidan manter así a calidade dun servizo tan necesario que prestan tanto ás persoas usuarias como ás familias.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa