O CENTRO DE DÍA RESIDENCIA DO CONCELLO DE CERVO CELEBROU ESTA TARDE O SEU MAGOSTO
Na festa, á que tamén asistiu a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron as persoas usuarias, as familias e os/as traballadores do centro
- As instalacións foron inauguradas o pasado 1 de agosto, e a día de hoxe a ocupación de residentes supera o 75% e xa hai novas solicitudes pendentes
- O Centro de Día Residencia do Concello de Cervo celebrou hoxe un magosto moi especial.
Na festa, á que tamén asistiu a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron as persoas usuarias, as familias e os/as traballadores do centro.
O magosto comezou ás 17:00 horas, houbo degustación de castañas asadas e cocidas e contou coa actuación dos Acordeonistas da Mariña.
Armada recordou que a inauguración oficial destas instalacións “tan importantes para a veciñanza de Cervo” foi o pasado 1 de agosto da man do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tan só tres meses despois dese día podemos dicir que “superamos o 75% de ocupación da Residencia, con 41 das 54 prazas dispoñibles cubertas, e xa hai novas solicitudes pendentes; e 13 usuarios no Centro de Día. Son cifras que nos indican que “a aposta que fixo este equipo de Goberno por este servizo foi un acerto, e o diñeiro mobilizado para este fin, unha boa inversión, vendo o seu funcionamento a día de hoxe; ademais das oportunidades laborais que trouxo consigo -con 28 profesionais na actualidade-; e da súa aportación na dinamización da economía local”.