
Este programa engloba diferentes actividades que buscan un obxectivo común, como é ocupar o tempo de lecer dunha forma eficiente, na que se involucren valores de participación e integración social.
Está dirixido ao colectivo de persoas maiores do Concello de Cervo, proporcionándolles a posibilidade de compartir experiencias e adquirir novos coñecementos, fomentando así as relacións interpersoais. No marco deste proxecto póñense en marcha multitude de actividades, como excursións, o Día do Xubilado, o taller de memoria, cursos de ximnasia de mantemento, ou a Escola de Maiores entre outras.
Encontro de maiores “Dia do Xubilado”
Excursión á Semana Verde de Silleda