
O servizo de axuda no fogar busca prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar. Este programa é unha prestación básica dos servizos sociais comunitarios que ofrece o Concello de Cervo para dar resposta ás necesidades e demandas da poboación no fogar evitando o internamento e a separación da unidade de convivencia previa valoración técnica favorable, mellorando así a calidade de vida da poboación que habita neste municipio.
As prestacións que se ofrecen neste servizo son: de carácter persoal, de carácter doméstico e da vivenda e de carácter psicosocial e educativo.