Programas do Departamento Municipal
« Atrás

28/03/2016. En Cervo abriuse hoxe o prazo para solicitar praza na escola infantil municipal. Permanecerá aberto ata o 28 de abril e será para as renovacións e os novos ingresos.

Hoxe, luns, abriuse o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal. Éste permanecerá aberto ata o día 28 do vindeiro mes de abril e será tanto para as renovacións de prazas como para as de novo ingreso.
O alcalde, Alfonso Villares, anuncia nun bando que “de acordo co regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo, o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza e novo ingreso para o vindeiro curso 2016-17 permanecerá aberto desde o día 28 de marzo ata o 28 de abril de 2016”. O bando subliña que “as inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Cervo en horario de oficina”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa