Programas do Departamento Municipal
« Atrás

22/07/2016. En Cervo o alcalde e a concelleira de servizos sociais recibiron aos dous nenos sahrauis que pasan este verán con familias do municipio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete, recibiron aos dous nenos saharauis que pasan este verán con familias do concello. Son Basir, que ven por sétimo ano, e Guara, para a que este é o seu quinto verán no municipio cervense. Os dous teñen 13 anos de idade.
O rexedor municipal explicou que “son dous nenos que xa durante estes últimos anos viñeron ao noso concello, acollidos por Raquel e por Dulce, que son as dúas persoas as que temos que agradecerlles que teñan esa disposición e ese espírito de axudar a estes nenos que viven nos campamentos do Sáhara. Persoas como Dulce e Raquel son nas que teríamos que mirarnos no seu espello por ter accións deste tipo, por acoller a estes nenos durante estes meses de verán para que non estean con ese calor nesta época do ano nos campamentos onde viven”.
Alfonso Villares engadiu que “desde o Concello de Cervo levamos apoiando esta iniciativa desde hai xa moitos anos e seguiremos facéndoo, neste caso poñendo o financiamento necesario para que poidan seguir vindo eses e máis nenos, posto que fago unha chamada para que aquelas persoas que queiran sumarse a esta iniciativa de traer a nenos saharauis para pasar o verán no noso concello que no lo digan, que se acheguen polo Concello e se dirixan ás persoas responsables de Servizos Sociais para contar coa axuda municipal”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa