Programas do Departamento Municipal
« Atrás

18/08/2016. O Concello instala un ascensor na casa do Mar, en San Ciprián, cun investimento de 22.000 euros.

O Concello de Cervo está a levar a cabo a instalación dun ascensor na Casa do Mar, en San Ciprián, cun custe de 22.000 euros, sufragados integramente con fondos municipais. O alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron hoxe o lugar onde se están realizando as obras.

O rexedor municipal explicou que "desde o Concello de Cervo estamos nestes días levando adiante unha obra nun dos nosos edificios públicos; en concreto na Casa do Mar de San Ciprián estamos a proceder á instalación dun ascensor. Este edificio ten dúas plantas e na de arriba está a sede da asociación de xubilados Terra Mar. Por ese motivo e para permitir o acceso a calquera outra persoa que queira ir a esta planta é polo que decidimos facer esta obra. O custe total é de 22.000 euros ,que son sufragados totalmente polo Concello de Cervo con fondos municipais".

Alfonso Villares lembrou que "deste edificio da Casa do Mar de San Ciprián agora mesmo ten a súa concesión o Concello de Cervo. Despois de que durante moitos anos tivéramos dificultades para conseguir a súa cesión e unha vez lograda levamos adiante unha serie de actividades e obras que nós consideramos fundamentais porque estamos a poñer o edificio a disposición dos veciños".

O alcalde de Cervo explica que "en primeiro lugar o que fixemos foi situar aí a Escola Infantil do Concello de Cervo, que está nunha parte da planta baixa deste edificio; e agora mesmo o que procedemos a facer é que este edificio sexa accesible para todas as persoas. Por iso a obra deste ascensor vémola máis que necesaria".

Villares engadiu que "decidimos abordala nesta época do ano, antes de que empece o curso que vén e que estean outra vez os nenos da Escola Infantil utilizando este edificio. Por iso se fai neste momento, durante o verán, o que igual a moitos lles sorprenderá, pero precisamente o motivo polo cal o facemos nestas datas é ese".

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa