Programas do Departamento Municipal
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS USUARIOS

                    

  • Villares e Armada visitaron aos 20 usuarios da Unidade Residencial de Cervo, única da provincia de Lugo destas características

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron a Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, na Estrada de Sargadelos.

O rexedor e a concelleira, acompañados pola Presidenta da Asociación, María Iris Castro, compartiron un anaco cos 20 usuarios do servizo e cos traballadores do Centro, vendo como se desenvolve o seu día a día.

O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.

Villares sinalou que “apostamos dende o primeiro momento por esta Unidade Residencial e pola súa ubicación no noso Concello, xa nos trámites administrativos necesarios previos á construción; e tamén posteriormente fomos poñendo o noso grao de area. Unha aposta -engadiu- Villares- “que mantemos a día de hoxe colaborando dende a súa apertura cunha axuda nominal de 12.000 euros anuais destinados a mellorar a calidade de vida dos usuarios”.

Dende o Concello de Cervo cremos que debemos destinar os cartos dos cervenses a aquelas cuestión que son prioritarias como os Servizos Sociais, ben a través de políticas municipais propias, que contribúen a mellorar o benestar dos nosos veciños; ou ben brindando unha axuda a entidades que, como neste caso, fan unha importante labor dentro da sociedade, para contribuír así a que poidan manter a calidade dos servizos que prestan tanto aos usuarios como á familias”.

O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o impecable traballo do seu cadro de persoal dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.

A Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña conta con 25 prazas, das que 10 son concertadas, 5 con autorización de uso, 5 privadas; e outras 5 das chamadas de respiro.

 

 

 

 

 

 

                                             

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa