Programas do Departamento Municipal
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSUROU UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA QUE IMPARTE POLAS DIFERENTES PARROQUIAS

                    

  • Este curso asistiron 36 veciños, de entre 50 e 92 anos

O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do taller de memoria que, dende a delegación de Servizos Sociais, imparte nos locais sociais das diferentes parroquias do municipio.

O alcalde Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron no acto que se celebrou na Casa do Mar, onde fixeron entrega dun diploma a cada un dos 36 asistentes que participaron no taller que se impartiu entre outubro e xuño.

Villares destacou que “o taller de memoria cumpre xa dez edicións no noso Concello polo que é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdica-cultural que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria”.

O rexedor quixo dar as grazas á edil Pilar Armada, e tamén a Lis, que é a técnico encargada de desprazarse polos diferentes locais sociais impartindo eses obradoiros; e que tanto tempo lle adica aos nosos maiores.

O Concello de Cervo fletou un autobús para recoller aos usuarios polas distintas parroquias, e logo do acto de entrega de diplomas, gozaron todos dunha cea de confraternidade na que tamén se lles fixo entrega dun pequeño agasallo; emprazando a todos os participantes á vindeira edición do taller de memoria que arrincará en outubro; e agardando, así mesmo, a que se sumen a actividade aqueles veciños que aínda non o fixeron.

 

 

 

 

 

 

              

 

                                             

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa