Programas do Departamento Municipal
« Atrás

A CASA DO CONCELLO E A CASA DA CULTURA ILUMÍNANSE DE ROSA CONTRA O CANCRO DE MAMA

 

A edil de Sanidade e a de Igualdade repartiron este mediodía lazos rosas entre os veciños no Día Mundial contra esta enfermidade

  • O domingo, 22 de outubro, está prevista unha andaina que partirá dende o peirao de San Ciprián, ás 17:30 horas

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama.

Así, a edil de Sanidade, Manuela Méndez, e a de Igualdade, Pilar Armada, repartiron esta mañá na rúa lazos rosas entre os veciños.

Ademais, dende esta noite pasada e ata o domingo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura iluminaranse de rosa e lucirán unha lazada simbólica nas súas fachadas.

Tal e como apuntou a edil de Sanidade programamos ademais unha Andaina para o vindeiro domingo, 22 de outubro, que partirá ás 17:30 horas do peirao de San Ciprián, e ao remate da camiñata os participantes poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o Cancro.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa