Programas do Departamento Municipal
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA DIFERENTES ACTOS POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

  • O sábado, 25 de novembro, dende as 18:00 horas, haberá unha charla, seguida dun sketch a cargo do grupo de teatro Ardora e unha parolada en feminino

 

  • A programación foi consensuada polas diferentes asociacións de mulleres do municipio

 

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).

A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.

En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.

A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade (CERMEI) e Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa