Programas do Departamento Municipal
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA QUE IMPARTE POLAS DIFERENTES PARROQUIAS CUNHA PROGRAMACIÓN MOITO MÁIS AMPLA E VARIADA

                     

Están anotados 36 veciños, de entre 50 e 92 anos

  • Co fin de favorecer o envellecemento activo e saudable, a delegación de Servizos Sociais deseñou un calendario no que se incidirá en temáticas como a alimentación, as habilidades sociais, traballaranse técnicas de relaxación e creatividade; entre outras

O Concello de Cervo vén de inaugurar un novo curso do taller de memoria que, dende a delegación de Servizos Sociais, imparte nos locais sociais das diferentes parroquias do municipio.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, estiveron esta tarde cos alumnos que participan no obradoiro que se imparte na Casa do Mar de San Ciprián, compartindo un anaquiño con eles e vendo como se desenvolve a actividade na que fundamentalmente se traballan técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razonamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral.

Neste novo curso, que é xa a undécima edición, son 36 os veciños que participan nos obradoiros polo que tal e como sinalou Villares “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdica-cultural que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria; contribuíndo a mellorar o seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociais…; en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Pola súa banda Armada avanzou que nesta nova edición pretendemos ir máis aló e programamos, da man de profesionais cualificados, un completo calendario de actividades e charlas prácticas para favorecer un envellecemento activo e saudable.

Son por exemplo obradoiros relacionados cos hábitos saudables, nos que se incidirá na importancia dunha boa alimentación, dun bo descanso ou da actividade física; nos que porán sobre a mesa técnicas para a planificación do tempo libre, para a relaxación, as claves para tomar ben a medicación…

Ademais, apuntou a edil, “tamén se traballarán as habilidades sociais e os mecanismos para a resolución dos problemas que se nos vaian plantexando no día a día dun xeito totalmente práctico; e programamos ademais un taller para abordar as técnicas publicitarias, como conseguen persuadirnos e incitarnos á compra, a través das cores, empregando a publicidade subliminal, ou mesmo como inflúe o ambiente nunha gran superficie á hora de mercar máis.

Así mesmo tamén se abordará a ansiedade, os seus síntomas e técnicas para controlala; e traballarase a creatividade, entre outras capacidades.

Villares e Armada animan a todos eses veciños que aínda non participan no taller de memoria a que se sumen á actividade que é moi positiva en todos os aspectos. Poden facelo a través do teléfono 615.32.13.86.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa