Programas do Departamento Municipal
« Atrás

MÁIS DE 500 MAIORES PARTICIPARÁN NO DÍA DO XUBILADO QUE TERÁ LUGAR O 1 DE MAIO

Fletaranse autobuses que pasarán ás 11:30 horas por todas as paradas das parroquias para recoller ás persoas asistentes; ás 12:00 horas terá lugar a misa cantada pola Coral Terramar e haberá sesión vermú e baile despois do xantar na carpa instalada na Praza dos Campos

  • Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar

A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou hoxe o programa de actos que hai disposto con motivo do XXXV Día do Xubilado, que terá lugar o vindeiro martes, 1 de maio.

Armada avanzou que a día de hoxe “máis de 500 veciños e veciñas xa se anotaron para participar nesta xornada de convivencia que pretende ser unha homenaxe ao importante labor desenvolvido polos nosos maiores tanto no pasado como no presente”.

A edil comunicou que desde o Concello fletaremos autobuses que pasarán ás 11:30 horas da mañá por todas as paradas das parroquias para recoller ás persoas asistentes.

A xornada comezará ás 12:00 horas, cunha misa cantada pola Coral Terramar no Pavillón da Veiga, “que xa estamos acondicionando para a ocasión”. A continuación, os asistentes desprazaranse ata a carpa instalada na Praza dos Campos onde poderán asistir á sesión vermú a cargo do grupo Alma Latina, que volverá coller o testigo ao remate do xantar.

Ese mesmo día, tal e como recordou Armada, entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 10 ao parchís).

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa