Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA O PROGRAMA "CERVO A CARÓN DO VOLUNTARIADO IV"

A iniciativa, dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos, ten como obxectivo comprometer á comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social

As persoas interesadas poden anotarse xa na Casa da Cultura ou a través do teléfono 691 65 66 00

O proxecto de Acción Voluntaria prolóngase desde este mesmo mes de maio ata o 1 de Outubro, cun máximo de 60 xornadas e 6 horas por día.

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Educación que dirixe Dolores García Caramés, vén de convocar o programa “Cervo a carón do voluntariado IV”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.

O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.

Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude na Casa da Cultura de San Ciprián.

O proxecto de Acción Voluntaria abrangue desde este mesmo mes de maio (cando se desenvolverán diferentes actividades medioambientais) ata o 1 de Outubro, de xeito que cada voluntario ou voluntaria colaborará nas iniciativas propostas un máximo de 60 xornadas e 6 horas en cada unha.

A delegada de Educación, Dolores García Caramés, puxo en valor a importancia de dotar de ferramentas á xuventude que lle permita poñer en práctica valores tan importantes como a solidariedade e o compromiso coa sociedade.

Entre as actividades nas que as persoas inscritas desenvolverán o voluntariado están o apoio ás noites alternativas de verán –cunha importante aposta nesta ocasión polas disciplinas individuais a raíz do COVID-19-; o apoio no Programa Concilia –dirixido ás crianzas e que se desenvolve durante as vacacións de verán para favorecer a conciliación familiar-; ou o apoio no ciclo de cine -que terá lugar este verán, con sesións tanto no auditorio como ao aire libre-, “co que pretendemos fomentar así unha experiencia adaptada ás novas necesidades de prevención do COVID-19”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa