Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA UN CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE "CO QUE PRETENDEMOS INCIDIR NA MELLORA DA EMPREGABILIDADE DA MOCIDADE"

A iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo V” e está dirixida á rapazada de entre 18 e 35 anos

A inscrición é de balde, o prazo remata o 18 de xuño e as prazas son limitadas

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e de Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo V,  dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos.

Tal e como apuntaron as concelleiras, o curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 18 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello.

O curso comezará o 1 de xullo e prolongarase ata o 19 de agosto; será en horario de 9:00 a 15:00 horas. As prazas son limitadas.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa