Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DESPEDIRÁ O ANO A RITMO DE CALLO FEST O PRÓXIMO 30 DE DECEMBRO

Tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.

Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.

O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.

Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca que versionará as mellores cancións de rock e heavy metal da historia, e dende portugal chega ao festival Hybrid Park, a xa coñecida banda que recorre os escenarios co seu tributo á mítica banda estadounidense Linkin Park.

Como todos os anos, o Callo Fest conta con un suadoiro oficial que poderá ser reservado no teléfono 691 656 600. A comida xogará tamén un importante papel grazas á colaboración da pizzería O Trasgo. Os presentes poderán cear na carpa unha pizza por 12€ ou unha porción por 4€ e, quen o desexe, poderá reservalas con antelación antes das 15:00H do día 29 de decembro nese mesmo número.

Tamén se dará –como xa é tradición- un ensaio das badaladas de fin de ano para darlle a benvida ao 2023. A festa rematará co reparto de racións de callos ao ritmo dos mellores temas grazas á disco móbil La duendeneta.

Dende a organización e o Concello de Cervo convidan a todos e todas a asistir o próximo 30 de Decembro á Praza dos Campos de San Ciprián para desfrutar da mellor música grazas a este alternativo festival.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa