Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO CERTAME DE AMOR NA REDE

O Tema xenérico é o “amor propio” ou “autoamor”, unha homenaxe a ti mesmo/a

Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo

Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal

O prazo de presentación dos traballos remata o domingo 12 de febreiro, a través do correo cervocultura@gmail.com ou whatsapp 683 315 939

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola IX edición.

Tal e como avanzaron as edís responsables, Dolores García Caramés e Denise Galán, nesta ocasión os traballos deberán compoñerse en torno á idea do Amor Propio ou “autoamor”, “no que será unha homenaxe a un/unha mesmo/a”.

Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 12 de febreiro. Poderán enviarse a través do correo electrónico cervocultura@gmail.com ou a través do Whatsapp 683 315 939.

Os orixinais serán publicados o martes 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” nese día serán os/as gañadores/as na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Os/as gañadores/as publicaranse o mércores 15 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.

Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa