Novas
« Atrás

O encoro de Río Covo acolleu a III Regata da Copa Deputación de Piragüismo que contou con máis de 150 deportistas

 

-O padexeiro David Cal estivo presente e entregou as medallas e os trofeos aos gañadores xunto ás edís de Xuventude e de Deportes de Cervo

Cervo, 27 de xullo de 2012-O encoro de Río Covo foi o lugar elixido para a celebración da III Regata da II Copa Deputación na que se deron cita esta semana máis de 150 deportistas de 6 equipos da provincia: o Club Deportivo San Ciprián, o organizador do evento coa colaboración do Concello de Cervo e outras entidades; Piragüismo Viveiro, Kayak Foz, Altruán de Ribadeo, Ciudad de Lugo e Club Fluvial Lugo.

Os participantes distribuíronse en varias categorías, que cubriron todas as idades: benxamín, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, veteranos e sénior, tanto en feminino como en masculino. Os competidores en benxamíns e alevíns tiveron que superar percorridos de 1.500 metros, a distancia foi de 3.000 metros no caso dos infantís e de 5.000 metros no resto de categorías.

O campión olímpico David Cal estivo presente na regata e participou na entrega de medallas e trofeos xunto a edil de Deportes, Yolanda Pedreira, a de Xuventude, Tania González así como o responsable da Delegación Galega de Piragüismo en Lugo, Martín Carballo. A presenza do cuádruple medallista olímpico espertou o interese de numerosas persoas, especialmente pequenos, que reclamaron a súa atención. O padexeiro cangués asinou autógrafos e sacou fotos cos seguidores.

Esta cita deportiva constitúe un “evento atractivo e estimulante para os deportistas, especialmente para os máis pequenos, xa que se trata de competir con equipos da mesma provincia, facendo posible obter boas clasificacións con máis facilidade que en campionatos a nivel autonómico ou estatal” explica a edil de Deportes.

Ademais, segundo Pedreira, “foi todo un luxo para os participantes poder contar coa asistencia de David Cal, un galego que terá moito protagonismo nestes días durante os Xogos Olímpicos de Londres que empezan hoxe”. Por iso, a concelleira quixo desexarlle ao padexeiro “o seu quinto metal nas Olimpíadas”, un anhelo compartido por todo o goberno de Cervo. A edil tamén quixo aproveitar para transmitirlle a Cal que “conta co apoio e o agarimo de todos os cervenses, que xa o senten coma un veciño máis despois de vir tres anos consecutivos a prepararse ao encoro de Río Covo e de compartir e participar en numerosos eventos sociais e deportivos do municipio”.

 


 

Facebook      Flickr           Audio 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa