Novas
« Atrás

18/04/2016. A delegación municipal de xuventude organiza unha xornada de skate e outra de surf. Os interesados en participar deben inscribirse antes deste xoves, día 21.

A Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza unha xornada dedicada ao skate e outra ao surf. Os interesados en participar nestas dúas actividades deben inscribirse antes deste xoves, día 21.
A xornada dedicada ao skate será este venres 22 pola tarde e está dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6 º de Primaria e rapaces a partir de 12 anos. E a de surf será este sábado 23 pola mañá para rapaces con idades a partir de 12 anos.
Os interesados en participar poden inscribirse na Casa do Mar, de San Ciprián, no teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamización@concellodecervo.com.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa