Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA DIFERENTES ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A XUVENTUDE NESTE VERÁN

                    

Nos meses de xullo e agosto, haberá un taller de cómic, un obradoiro dunha webserie, un taller de graffitis, un obradoiro de modelado e animación e todo tipo de deportes acuáticos

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude que dirixe Dolores García Caramés, programa diferentes actividades lúdico-culturais para a xuventude durante os meses de xullo e agosto.

Tal e como sinalou Caramés “os rapaces poderán participar nun taller de cómic, no obradoiro dunha webserie, nun taller de graffitis que se desenvolverá nun espazo habilitado na zona da Veiga, nun obradoiro de modelado e animación; e en todo tipo de deportes acuáticos, como son o surf, as rutas en kaiaks, o paddle surf ou a coñecida como banana”.

Son todas elas actividades pensadas para os nosos mozos, para que gocen do tempo de lecer, ao tempo que toman contacto con novas disciplinas que tamén lles poden resultar útiles, nalgúns casos, para o seu futuro profesional”

O programa de Xuventude arrinca o 7 de xullo, cunha actividade de surf na praia da Limosa e prolongarase ata finais de agosto.

Pretendemos darlle á xuventude alternativas de ocio que favorecen a súa socialización ao compartir experiencias con outros mozos e mozas.

As actividades levaranse a cabo os venres en horario de mañá e as persoas interesadas, que teñan entre 12 e 17 anos, poden anotarse na Casa da Cultura, no teléfono 982.879.583, enviando un whatsapp ao 691.656.600 ou a través do correo dinamizacion@concellodecervo.com.

 

Enredos de Verán e repasando en Verán

Por outra banda, mañá pecha o prazo de inscrición para unha nova edición do programa Enredos de Verán, dirixido a rapaces de entre 3 e 12 anos.

A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, convocou unha reunión para mañá venres, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura para dar a coñecer os horarios e grupos de todas as actividades; na que se fará entrega dun completo calendario aos participantes.

Entre as actividades destacan unha semana adicada á seguridade, na que poderán ver en primeira persoa as ferramentas de traballo dos corpos e forzas de seguridade e recibirán clases prácticas nesta materia. Estre as actividades deseñadas, haberá unha xornada na que os pequenos poderán acceder ao barco da Garda Civil, que se desprazará ata San Ciprián. Ademais, os membros de protección civil impartirán un obradoiro de primeiros auxilios.

Tamén se levará a cabo un circuíto de educación viaria co fin de que ,tal e como sinalou Caramés, “os pequenos tomen conciencia e adquiran os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria e que participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable”.

Haberá tamén todo tipo de xogos acuáticos, skate e moitas outras actividades ao aire libre durante estes dous meses.

Ademais, tamén haberá unha semana adicada a sensibilización ambiental, programada dende a delegación de Medio Ambiente que dirixe Manuela Méndez, coa que se pretende incidir na concienciación e no respecto á contorna a través de diferentes actividades pensadas para os máis pequenos.

Por outra banda, dende a delegación de Cultura tamén se deseñou un novo calendario de Repasando no Verán para rapaces de todas as idades que se impartirá nos diferentes locais sociais das parroquias e no que se desenvolverán “todo tipo de actividades de reforzo, cálculo, clases de inglés, e ensinaranse e poñeranse en práctica técnicas efectivas de estudo como a realización de resúmenes e esquemas”.

A edil de Educación suliñou que “tentamos ofrecer unha oferta lúdica-educativa variada e completa para os nosos nenos, brindándolle ás familias unha ferramenta de conciliación nestes meses estivais”.

                                                                              

 

 

 

 

              

 

                                             

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa