Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VÉN DE CLAUSURAR O PROGRAMA AVÍVATE QUE TIVO COMO ACTIVIDADE PRINCIPAL UN CURSO GRATUÍTO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

Participaron 20 rapaces, de entre 18 e 30 anos, durante os meses de xullo e agosto

  • Os alumnos destacaron que foi unha experiencia moi positiva, algo que, tal e como apuntou Villares, “anímanos a programar unha nova edición para o vindeiro verán”
  • Ademais do curso de monitor de tempo libre, tamén participaron nun curso de manipulador de alimentos e un curso de primeiros auxilios.

O Concello de Cervo, vén de clausurar o programa Avívate en Cervo II, dirixido á Xuventude, aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

O programa tivo como actividade principal un curso gratuíto de monitor de tempo libre, pero tamén se complementou con diferentes cursos e unha comida de convivencia.

Os cursos de primeiros auxilios e de manipulador de alimentos complementaron a actividade principal do curso que era a do curso de monitor de tempo libre.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, quixeron compartir o  último día de convivencia cos alumnos e felicitalos polo traballo desenvolvido a diario durante os case dous meses que durou o curso e sinalou que “dende o Concello de Cervo, neste caso a través da delegación de Xuventude, traballamos para tentar ofrecerlles aos mozos todas as ferramentas que temos na nosa man, para complementar e dirixir a súa formación programando diversas actividades que cremos que constituirán un apoio importante para o seu futuro e desevolvemento persoal e profesional, nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

O rexedor sinalou que tanto os alumnos como os monitores “trasladáronnos que se cumpriron os obxectivos marcados, e que recibiron a formación necesaria para participar en campamentos, nas diferentes actividades socioculturais que se programen, en obradoiros...; “algo que nos satisface e nos anima a programar unha nova edición de cara ao vindeiro verán”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa