Novas
« Atrás

O XI MACGUIVER SURF CELÉBRASE ESTE SÁBADO NA PRAIA DE LIEIRO

A cita, organizada polo Limosa Surf Club, coa colaboración do Concello de Cervo, prolongarase durante toda a xornada; e logo da entrega dos premios e trofeos terá lugar o concerto de Chris Masuak and The Viveiro Wave Riders

  • Ás modalidades de surf adulto, Bodyboard e Longboard, súmase este ano como novidade a categoría surf júnior

 

A praia de Lieiro será escenario este sábado, 22 de setembro, do XI Macguiver Surf.

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Limosa Surf Club, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.

As persoas interesadas en participar na  proba deberán achegarse a primeira hora á praia, porque ás 9:30 está previsto o peche da inscrición.

Poderán competir nas modalidades de surf adulto, Bodyboard, Longboard, e como novidade esta edición tamén na categoría surf júnior. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A inscrición suporá un custe de 5 euros para participar na categoría júnior, e de 10 euros nas outras modalidades; xa que haberá lacón, empanadas e bebidas de balde para todos e todas elas.

Ao remate da proba está programado o concerto de Chris Masuak and The Viveiro Wave Riders.

O Concello de Cervo convida á toda a veciñanza e visitantes, amantes e afeccionados do surf, a que se acheguen nesa xornada á Praia de Lieiro, nunha xornada adicada a este deporte que día tras día gaña adeptos, para poder gozar da nosa privilexiada costa e tamén das habilidades sobre a táboa de grandes profesionais deste deporte veciños do municipio, e tamén vidos desde diferentes puntos da xeografía española.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa