Novas
« Atrás

80 MOZOS E MOZAS DO MUNICIPIO REALIZARON BOLSAS DE FORMACIÓN REMUNERADAS EN DIFERENTES DEPENDENCIAS DO CONCELLO DE CERVO DESDE O ANO 2013

80 MOZOS E MOZAS DO MUNICIPIO REALIZARON BOLSAS DE FORMACIÓN REMUNERADAS EN DIFERENTES DEPENDENCIAS DO CONCELLO DE CERVO DESDE O ANO 2013

Trátase dunha aposta importante deste equipo de goberno, financiada integramente con fondos propios, que ten como obxectivo prioritario “ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo

O rexedor, e as edís de Educación e Emprego, mantiveron un encontro cos 14 rapaces e rapazas que se benefician a día de hoxe desta bolsa e destacaron tamén “o seu valioso traballo co que axudan a reforzar as diferentes áreas, contribuíndo así tamén a mellorar a calidade dos servizos que se prestan á veciñanza”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as edís de Educación e Emprego, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, mantiveron esta mañá un encontro cos 14 mozos e mozas que a día de hoxe están a realizar bolsas de formación remuneradas en diferentes departamentos do Concello.

Villares destacou o positivo da xuntanza que “serviu para poñer en común experiencias e intercambiar puntos de vista e precisou que “imos reunirnos con eles e elas unha vez ao mes co fin de confirmar que se está a dar cumprimento ás expectativas que traían cando comezaron a bolsa”.

O rexedor recordou que estas bolsas, financiadas íntegramente con fondos municipais, son unha importante aposta deste equipo de goberno cun obxectivo prioritario que non é outro que o de “ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para logo enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo”. Os mozos e mozas que a día de hoxe están nas dependencias municipais teñen formación en campos tan diversos como educación infantil, a historia, a topografía, física, química, traballo social, administración de empresas…Os seus coñecementos –engadiu o rexedor- dan polo tanto un plus a este Concello; é unha retroalimentación, “porque eles e elas tamén brindan un importante reforzo en moitos departamentos municipais, contribuíndo así tamén a mellorar os servizos que prestamos á veciñanza”.

Desde o ano 2013 uns 80  mozos e mozas realizaron estas bolsas de formación remuneradas en dependencias municipais (informática, intervención, tesourería, contabilidade, secretaría, medio ambiente, turismo, educación para a saúde, servizos sociais, policía local, no departamento de persoal, na Escola Infantil ou no departamento de obras, entre outros); e en outubro de 2017, grazas ás xestións municipais conseguiuse ampliar o período de duración da bolsa de 12 meses a 18; prolongando así no tempo a estadía dos mozos e mozas que o desexen.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa