
Os obxectivos xerais fixados pola Oficina de Información Xuvenil de Cervo son:
- Ofrecer un servizo de información e asesoramento personalizado e máis próximo aos usuarios, os mozos e mozas do municipio de Cervo, naqueles temas que lles afecten na súa vida cotiá (emprego, educación, formación, becas e axudas, tempo libre, vivenda, saúde...).
- Ofrecer á xuventude cervense un programa de formación e ocupación do seu tempo libre, que atenda unha demanda de formación non regrada oficialmente.
- Canalizar e potenciar as inquedanzas da mocidade nas súas diversas manifestacións (cultural, artística, social, asociativa...).
- Facilitar a igualdade de oportunidades da xuventude no acceso á información e aos recursos.
- Conseguir, a través destas actuacións, unha mellora na calidade de vida dos habitantes de Cervo.
As actividades de información e asesoramento que se levan a cabo dende a Omix teñen, polo tanto, como función primordial, achegar a información aos mozos e mozas, sobre todo a daqueles aspectos necesarios para saber traballar e funcionar na sociedade, a través dun servizo próximo ao cidadán.
Neste senso, os temas de información máis demandados son:
- Convocatorias (información sobre emprego, bolsas, subvencións, cursos, concursos, actividades...).
- Educación (plans de estudo, formación profesional, formación ocupacional, estudos e profesións, estudos no estranxeiro...).
- Emprego (convocatorias públicas e privadas, traballos temporais, no estranxeiro, axudas á creación de empresas...).
- Cultura (entidades culturais, manifestacións artísticas, espectáculos, patrimonio...).
- Dereitos e deberes (igualdade, vivenda...).
- Tempo libre (turismo, turismo rural, instalacións, lecer...).
- Programas de Xuventude: carné xove, axudas ao transporte, programas europeos, participación (asociacionismo, voluntariado, ONGs, organizacións sociais...)
Como apoio indispensable a esta estrutura está Xuventude.net, o Consello de Xuventude de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.