
FONTE DO VIEIRO
LUGAR: Vieiro-Longarela
7º 25' 16.43''W
43º 36' 49.32''N
Se observamos esta fonte, consta dunha abertura pola que sae a auga, caendo directamente sobre unha canalización feita na pedra. Non dispón de cano.
A parte superior da fonte está formada por unhas pedras que constitúen un muro e nun dos seus lados adoptan a función de banco.
FONTE DO CAL
LUGAR: O Cal
7º 25' 18.91''W
43º 36' 58.27''N
A súa fronte presenta una base rectangular e unha parte superior semicircular.
No lado dereito posee unha cavidade cuxa funcionalidade é a de punto de apoio para as botellas ou calquera tipo de recipiente ou envase.
Conta con seis escalóns que facilitan a baixada á fonte, xa que está situada debaixo da superficie do terreo.
A auga cae nun bebedoiro e é evacuada a tarvés dunha canalización cara o prado circundante.
FONTE DA FONTIÑA
LUGAR: O Árbol.
7º 25' 26.91''W
43º 37' 12.33''N
Esta fonte data do ano 1932.
A súa fronte ten forma rectangular sendo a súa parte superior semicircular.
Ten dous canos que dirixen a auga cara unha canalización.
No lado esquerdo conta con catro escalóns que fan máis sinxelo o acceso á fonte. No outro lado conta cunha gran pedra colocada en sentido transversal que pode servir como punto de apoio.
FONTE DO ÁRBOL
LUGAR: O Árbol
7º 25' 26.91''W
43º 37' 12.33''N
Conta cunha fronte rectangular e nun dos seus lados existe unha repisa de apoio.
Esta fonte aínda conserva un antigo cano e, segundo os veciños, a data da súa construción sitúase nos anos 30.
FONTE DA LAMA
LUGAR: A Lama
7º 25' 1.57''W
43º 37' 6.07''N
Esta fonte foi construída no ano 1932.
Presenta unha fronte con base rectangular sendo a súa parte superior semicircular e dispón de dous canos.
Quizais se trate dunha das fontes con mellor acceso e cun contorno fabricado en pedra.
Conta con escalón e rampla de acceso.
Nun dos seus lados dispón dun banco feito en pedra e no outro presenta un espazo habilitado para plantas ornamentais.
FONTE DAS CABANAS
LUGAR: Cabanas
7º 24' 32.64''W
43º 37' 34.74''N
A súa base é unha gran pedra horizontal rectangular.
A auga circula por un burato, habilitándose un cano para faciliar a recollida da auga, que é canalizada cara un regato.