
Unha fonte ou pilón é un surtidor de auga, que como elemento arquitectónico, adoita estar situado nun espazo urbano con fins utilitarios, de confort ambiental ou decorativos. Así, as fontes atópanse en patios, xardíns, prazas, ou en lugares singulares dun pobo, embelecéndoos e resaltando a súa importancia.
Orixinariamente provén do uso do pilón (caída de auga). As fontes, nun comezo, atopábanse nas prazas ou lugares céntricos dos pobos para abastecer de agua aos habitantes e calmar a sede dos seus animais.
Adoitaban ser lugares de encontro que propiciaban as relacións sociais da comunidade.
Pero unha fonte é un lugar onde brota a auga dunha forma controlada, é decir, a través dun espazo ou dunha arquitectura apropiada. A diferenza do manancial, que é un lugar onde a auga emana directamente e de forma natural, a fonte implica unha canalización e desprazamento do agua, de dominio, control e aproveitamento.
As fontes sobre mananciais fan referencia ás arquitecturas colocadas directamente sobre un manancial, sen que exista canalización nin desprazamento das augas.
Estas obras adoitan ser sinxelas, valorables sobre todo por ser de carácter práctico. Os engadidos son funcionais: accesos, canos e poietes para facilitar a toma da auga, e pías necesarias como bebedoiros para o gando.
Nalgunhas ocasións a auga sobrante é recollida nun lavadoiro, nunha pía que funciona como bebedoiro de animais ou ben para regar algúns campos próximos.
Ao longo da xeografía de Cervo pódense ver este tipo de fontes en todas as parroquias:
Fonte do Vieiro
Fonte do Cal
Fonte da Fontiña
Fonte do Árbol
Fonte da Lama
Fonte das Cabanas
Fonte do Machuco
Fonte do Motín
Fonte da Iglesia
Fonte Xan Ramos
Fonte das Donas
Fonte da Capilla
Fonte de Trasbar
Fonte da Cabanela
Fonte de Santa Eufemia
Fonte da Fera
Fonte da Pumarega
Fonte e lavadoiro da Regueira
Fonte e lavadoiro de Súas Barras
Fonte de Cuíña
Fonte e lavadoiro de Piagos
Fonte das Casas Novas
Fonte e lavadoiro da Pultreira
Fonte de Pinguela
Fonte de Viladesuso
Fonte de San Roque
Fonte do Souto Chao
Fonte de Figuerido
Fonte de Daián
Fonte Corval
Fonte do Cabalo drive.google.com/folderview
Fonte de Lieiro
Fonte do Guioncho
Fonte e lavadoiro de Carozo
Fonte e lavadoiro de Amear
Fonte de Quelle
Fonte de Marrube
Fonte do Paxaro
Fonte de Alleira
Fonte de Vilaestrofe
Fonte da Portallada
Fonte do Eixo
Fonte de Vilar
Fonte de Sacido
Fonte da Tella
Fonte do Cimal
Fonte Santa