
A dieta é a pauta que unha persoa segue no consumo habitual de alimentos e, polo tanto, un modo de vida. Por iso Cervo, como non podía ser doutra maneira, ofrece os máis exquisitos manxares do Cantábrico, onde os comensais poden gozar dos mellores mariscos e peixes do noso mar sen olvidarnos doutros produtos.
As súas festas gastronómicas son citas ineludibles das que podemos gozar ao longo de todo o ano, entre elas podemos destacar a Festa do Ourizo de Mar, declarada de Interese Turístico Galego.
Pero os padais poden desfrutar doutras, como poden ser: Exaltación da Carne de Porco, Festa do Xamón Cocido, Festa do Ovo Frito, Festa do Mexillón…
Lugar | Celebración | Data |
---|---|---|
SAN CIPRIÁN | "Festa do Ourizo de Mar" | Marzo (Interese Turístico) |
SAN CIPRIÁN | "Festa do Mexillón" | 26 de Marzo |
CERVO | "Exaltación da Carne de Porco" | 07 de Maio |
CERVO | "Festa do Xamón Cocido" | 18 de Xuño |
CERVO | "Festa do Ovo Frito" | 14 de Agosto |