
Todo o litoral que conforma o Concello de Cervo, pese a ter a maior parte da costa accesible, é rochoso e cheo de perigosos baixos, testemuña de numerosos naufraxios, aínda que por fortuna case non houbo que lamentar a perda de vidas humanas, en boa parte grazas á xenerosidade e ao heroísmo das xentes desta terra, algunhas das cales chegaron a poñer en perigo as súas propias vidas para salvar as dos outros.
Nas costas de CERVO acabaron a súa singladura navíos coma o vapor MINERVA, o bergantín-goleta JOVEN MANUEL ou os mercantes CARABEKA VIII e MAASYNM.
12/05/1861.- Bergantín-goleta JOVEN MANUEL, pérdese en San Ciprián
Abril de 1861.- SAN ANTONIO Y ÁNIMAS. Desfixose na ría de San Ciprián
Marzo de 1904.- O Pailebote PEPE, naufraga en San Ciprián
18/06/1921.- CÁNOVAS DEL CASTILLO, pesqueiro que naufraga en San Ciprián
09/04/1924. Lancha DOS AMIGOS, naufraga en San Ciprián e morren 4 tripulantes
17/04/1925. Vapor MINERVA , embarrancou contra A Penameá (San Ciprián)
12/03/1931. Vapor MARÍA DEL CARMEN, tocou nos baixos do Leixón de Vendaval, San Ciprián.
12/03/1945 buque CASTILLO MONCADA, embarranca en A Baixa (Farallóns), San Ciprián
1952.- Perdeuse na Baixa (Farallóns), San Ciprián o patache CARMELITA
23/01/1957. O pesqueiro FELIPE CALVIÑO afunde a 5 millas do Faro de San Ciprián
20/09/1957 O pesqueiro coruñes MARY FRAN embica nos Farallóns (San Ciprián)
11/09/1960.- O motoveleiro CARMELINA embarranca na punta da Baixa dos Farallóns (San Ciprián)
26/06/1962.- O bonitero francés CAPRICHO DE PRIMAVERA desfíxose contra a Pedra Centoleira (San Ciprián)
23/07/1963.- O mercante holandés MAASYNM, embarranca nas pedras do Cabalo, na enseada de Rueta (Cervo)
05/10/1970.- O motopesqueiro FALO REGATA, afúndese na enseada de Rueta (Cervo)
20/12/1982 O cargueiro holandés CAREBEKA VIII, embarrancou nos Farallóns (San Ciprián)
18/12/1991.- O buque mercante ISE SAINT JOHS embarranca na Centoleira, enseada de Portelo (San Ciprián)
CASTILLO MONCADA embarrancado no 1945 nos Farallóns
CAREBEKA VIII embarrancou nos Farallóns en decembro de 1982
O buque mercante ISE SAINT JOHS embarranca na Centoleira, ensenada de Portelo (San Ciprián) no 1991