Capela de San Andrés Capela de San Andrés

43º 41' 44.14''N

7º 26' 26.56''W

 

Esta capela, situada no Porto de Abaixo, foi encargada polo presbítero D. Andrés Varela. Un eclesiástico que fundou, o 8 de xaneiro de 1641, o Hospital de San Andrés para hospedar aos peregrinos pobres, para dotar rapazas casadeiras e axudar a estudantes pobres.

Este inmoble dispoñía, ademais da capela, dunha casa-hospital.

A referida capela sirviu de templo parroquial na segunda metade do século XIX.

Detrás da mesa do altar pódese ver unha lápida na que está gravado o nome do fundador e a data.

Nesta capela podemos contemplar as imaxes da Virxe do Rosario e de San Sebastián, esta última do s. XVIII. Do mesmo século atopamos no altar maior unha imaxe de San Andrés. Sen esquecer as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e a Virxe do Carme.

O Pai Eterno, con tres coroas e crucifixo, está datado no s.XVI, mentres o San Antonio podería ser do s. XVIII. 

A festividade do patrón celébrase o 30 de novembro.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa