Capela de San Caetano e Nosa Señora de Guadalupe Capela de San Caetano e Nosa Señora de Guadalupe

43º 41' 18.48''N

7º 26' 4.40''W

 

Esta capela, situada no alto do Guioncho preto do lugar da Venta, foi fundada no ano 1718 por Manuel Bermúdez.

No ano 1798 o seu patrón e posedor era D. Felipe Bermúdez Saavedra, fillo do fundador e párroco de Cervo.

Actualmente é privada e pertence a familia Rubiños, descendentes do fundador.

Esta capela foi resturada polos propietarios no ano 2002 xa que se atopaba en ruínas.

Destacar que na restauración a súa estrutura orixinal non foi alterada, mantendo o seu altar principal con dúas fornelas laterais.

Lamentablemente perdéronse as imaxes orixinais de San Caietano e Nosa Señora de Guadalupe, polo que foron repostas por outras de cerámica.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa