Capela de San Ciprián Capela de San Ciprián

43º 41' 57.17''N

7º 26' 20.35''W

 

 

 

Na Capela de San Ciprián, situada no Porto de Arriba, e que xa existía no 1128, destaca a sinxeleza da súa arquitectura rematada cunha pequena espadana barroca e a súa estrutura, nunha soa nave. A ventá do presbiterio enche de luz o retablo maior, do que destacan as súas cores alegres; así como o innumerable grupo de anxos e querubíns que engalanan a coidada imaxinería de grande beleza. Destaca a Inmaculada Concepción no seu centro, pola postura orante e o seu manto; a súa esquerda o titular como bispo, vestido de pontifical e cunha policromía moi coidada, así como o San Antonio da dereita.

Un inmoble a tres alturas, probablemente debido ás sucesivas reformas que se realizaron ao longo dos séculos.

Nesta capela consérvase unha pía de pedra, toscamente labrada, que moi probablemente foi feita cando se construíu a capela, aló polo século VIII ou IX, e pode que servise para bautizar aos primeiros católicos de San Ciprián, cando o sacramento aínda se facía por ablución.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa