
O patrimonio relixioso de Cervo é rico e variado, como na maior parte de Galicia, pero ao mesmo tempo posúe características propias, directamente relacionadas coas tradicións mariñeiras e o mundo do mar.
Os monumentos de carácter relixioso que podemos atopar neste concello son os seguintes:
- Igrexa Parroquial de San Julián de Castelo, s.XVIII
- Capela de Santa Eufemia de Trasbar, s.XX
- Capela Antiga de Santa Eufemia de Trasbar, s.XII
- Igrexa Parroquial de Santa María de Cervo, s.XVIII
- Capela de San Xosé de Paraño, s.XIX
- Capela de San Pedro da Senra, s.XVII
- Igrexa Parroquial de Santa María de Lieiro, s.XVIII
- Capela de San Ciprián. Dá nome ao pobo. S. XI
- Capela de San Andrés en San Ciprián, s.XVII
- Capela de San Caietano e Nosa Señora de Guadalupe (Guioncho-Lieiro)
- Igrexa Parroquial de Santa María de Rúa, s.XVIII
- Igrexa Parroquial de Santiago de Sargadelos, s.XIX
- Igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe, s.XVIII
- Diferentes cruceiros ao longo da nosa xeografía