
Os denominados “Parques biosaudables” defínense como espazos verdes situados nas cidades ou vilas, compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións. Están deseñados para a práctica do exercicio físico de adultos a partir de 40 anos e son especialmente recomendables para maiores de 60, xa que lles permite mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo.
Nos Parques Biosaudables podes atopar diversos elementos para determinados tipos de exercicios.
BENEFICIOS
ASPECTOS MENTAIS, PSICOSOCIAIS E DA CALIDADE DE VIDA.
- Mellora do humor e da sensación de benestar
- Osixenación cerebral e mellora das capacidades cognitivas
- Diminución do risco de depresión
- Optimización da calidade de vida
- Aumento da autoestima e da autoconfianza
- Aumento da socialización
- Alivio do estrés
- Retraso do envellecemento e aumento da independencia.
SISTEMA INMUNITARIO
- Mellora da capacidade inmunitaria
- Diminución da incidencia dalgúns tipos de cancro (mama,colon,etc…)
ASPECTOS METABÓLICOS
- Diminución do risco de doenzas metabólicas
- Axuda no control do peso
- Prevención da diabetes tipo Mellitus
SISTEMA LOCOMOTOR
- Prevención e alivio de dores de espalda
- Prevención da osteoporosis
- Fortalecemento muscular e óseo
- Mellora da coordinación e do equilibrio.
SISTEMA CARDIOVASCULAR
- Mellora da capacidade cardiovascular
- Aumento da osixenación dos tecidos
- Axuda no control da tensión arterial
- Prevención de doenzas coronarias
No Concello de Cervo dispoñemos de 2 parques biosaudables que se atopan nos principais parques das poboacións máis habitadas:
Parque Reina Sofia: Atópase na parte traseira do edificio da Casa do Mar.
43º 41' 31,01''N
7º 26' 19.70''W
Parque Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane:
43º 41' 31,01''N
7º 26' 19.70''W