Praia do Torno Praia do Torno
Información Información

LOCALIZACIÓN:

43º 41' 77''N / 7º 26' 48''W

Núcleo: San Ciprián

Parroquia: Santa María de Lieiro

CARACTERÍSTICAS:

Tipo: Praia resgardada

Lonxitude: 578 metros

Tipo de area: fina e branca

          

ACCESO:

Doado, tanto en coche como a pé
Dispón de paseo marítimo

DESCRICIÓN:

Trátase dunha praia de area branca, ondaxe tranquilo e en forma de tómbolo. O seu entorno atópase urbanizado, coa típica especie faunística do litoral. Integrada no casco urbano de San Ciprián, esténdese dende a ría de Lieiro ata a zona portuaria. Aínda que está rodeada de edificacións máis modernas, a vista do porto e da Concha, xunto coas súas embarcacións e coa Anxuela ao fondo fan desta praia un lugar moi acolledor. Dende ela tamén se poden observar as Illas dos Farallóns, lugar onde se orixina a máxica lenda da serea  Maruxaina.

Nos seus 578 metros conta con espazos diferenciados; a zona da ría, recuncho tranquilo propicio para levar aos máis pequenos; a zona do Torno, a que máis xente aglutina, e a parte do porto que abrangue dende as pedras da Penameá ata o propio peirao.


SERVIZOS 

Socorrismo
Acceso
Duchas
WC públicos
Bar -Terraza
Aparcadoiro
Recollida Selectiva
Información 

       

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa