puzzles
Organizador
HAI LARÁN
plan alcoa maderas barcia

Integrantes do club participaron activamente nos traballos de limpeza deste espazo natural, nunha acción que pon de manifesto o compromiso da entidade co coidado da contorna e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio.

O Club de Atletismo Maderas Barcia Cervo  impulsou na tarde de onte unha xornada de limpeza da praia da Caosa, unha iniciativa que se enmarca nun novo Plan de Acción de Alcoa promovido pola propia entidade deportiva e que contou coa colaboración do Concello de Cervo.

Integrantes do club participaron activamente nos traballos de limpeza deste espazo natural, nunha acción que pon de manifesto o compromiso da entidade co coidado da contorna e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata o areal para acompañar aos participantes durante a xornada e agradecer ao Maderas Barcia Cervo a súa iniciativa e implicación.

A rexedora municipal destacou a importancia de que as asociacións e entidades locais tomen a iniciativa e promovan accións que repercutan positivamente no conxunto da veciñanza.“Accións coma esta demostran o compromiso do noso tecido asociativo coa conservación da nosa contorna e coa mellora dos espazos que compartimos”. 

Desde o Concello de Cervo agradecen ao Club Maderas Barcia Cervo a organización desta xornada e a súa aposta por desenvolver este tipo de actuacións ao abeiro dun novo Plan de Acción de Alcoa, contribuíndo entre todos e todas a manter e coidar os espazos naturais de Cervo. 

acto  Ceuta

Un encontro para expresar o noso apoio, afecto e solidariedade con Ceuta.

O mércores 2 de setembro, ás 20:00 horas, Cervo súmase ao acto simultáneo convocado pola FEMP en todos os concellos de España.

Un encontro para expresar o noso apoio, afecto e solidariedade con Ceuta.

Diante do Concello de Cervo

cursos piscina

A programación inclúe cursos de natación para público infantil e adulto, con diferentes grupos adaptados aos distintos niveis, así como clases de Aquagym

O prazo está aberto ata o venres, 18 de setembro, en horario de 9:00 a 14:30 horas e 16:00 a 21:30 horas (de luns a venres); e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas, na propia Piscina Municipal Olímpica // Concello de Cervo 

O Concello de Cervo abrirá este venres, 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027.

A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym.

As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.

O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Cervo.

Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar nesta programación deportiva, que permite promover a práctica da actividade física e os hábitos de vida saudables entre persoas de diferentes idades.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando por ofrecer á nosa veciñanza actividades deportivas variadas e de calidade, facilitando o acceso á práctica deportiva e promovendo hábitos de vida saudables”.

CURSOS NATACIÓN ADULTOS: https://drive.google.com/.../1oSp9aFuLJPbH.../view...

CURSOS NATACIÓN INFANTIL: https://drive.google.com/.../1hwKvmUDEeo9Vjqrxje0.../view... 

Inauguración parque Cervo

A actuación, que supuxo un investimento de 261.385,74 euros, financiado integramente con fondos propios municipais, permitiu transformar por completo unhas instalacións moi utilizadas polas familias, creando un parque máis moderno, seguro, accesible e adaptado ás necesidades actuais da infancia.

 

A actuación, financiada integramente con fondos propios municipais, supuxo un investimento de máis de 261.000 euros e dota á vila dun renovado espazo de lecer pensado para todas as idades.

O Concello de Cervo vén de abrir ao público o renovado parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, situado na contorna da rotonda próxima á Casa do Concello, tras concluír os traballos de remodelación integral deste espazo de lecer infantil. 

A apertura tivo lugar esta tarde de xoves con música e diversas actividades pensadas para as crianzas como pintacaras ou globoflexia.

A actuación, que supuxo un investimento de 261.385,74 euros, financiado integramente con fondos propios municipais, permitiu transformar por completo unhas instalacións moi utilizadas polas familias, creando un parque máis moderno, seguro, accesible e adaptado ás necesidades actuais da infancia.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, que estivo acompañada polo concelleiro, Adrián Arias destacou que "hoxe poñemos á disposición das familias un parque completamente renovado, pensado para que os nenos e nenas poidan xogar con todas as garantías de seguridade e desfrutar dun espazo atractivo, inclusivo e adaptado ás diferentes idades".

A rexedora lembrou que esta actuación responde ao compromiso do Goberno local por continuar mellorando os espazos públicos destinados á infancia.

"Queremos que Cervo siga sendo un concello pensado para as familias. Este parque era un referente para moitos nenos e nenas e necesitaba unha renovación integral. O resultado é un espazo máis amplo, máis moderno e con novas propostas de xogo que estamos convencidos de que terá unha excelente acollida."

Entre as principais novidades destaca a incorporación dunha tirolina, un dos elementos máis agardados polos máis pequenos.

"Era unha das peticións que máis veces nos facían os propios nenos e nenas cando falabamos con eles neste parque. Escoitalos tamén é gobernar, e hoxe podemos ver esa ilusión convertida en realidade", apuntou García Caramés.

A remodelación incluíu a substitución de todos os xogos existentes por novos elementos homologados, a instalación dun pavimento continuo de caucho de seguridade, a renovación completa do peche perimetral e a ampliación da zona destinada aos usuarios de maior idade.

O novo parque conta cunha gran estrutura de aventura, unha área específica para as primeiras idades, novos columpios, xogos de muelle, elementos inclusivos que favorecen o xogo compartido e a nova tirolina, converténdose nun espazo pensado para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar en igualdade de condicións.

A alcaldesa subliñou tamén o importante esforzo económico realizado polo Concello para facer realidade este proxecto.

"Estamos a falar dun investimento superior aos 261.000 euros financiado exclusivamente con recursos municipais. É unha mostra da nosa vontade de seguir reinvestindo os fondos do Concello en actuacións que melloran a calidade de vida da veciñanza e crean espazos públicos atractivos, seguros e pensados para o futuro."

Con esta intervención, o Concello de Cervo incorpora á súa rede de espazos públicos un parque infantil totalmente renovado que se converterá nun novo punto de encontro para as familias e nun referente do lecer infantil no municipio.

convenio saúde mental

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou este novo acordo coa entidade, nun encontro no que participaron o presidente de Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado, e a directora xeral técnica, María José Nóvoa.

 

O Concello de Cervo continúa reforzando o seu compromiso co benestar das persoas e co apoio aos colectivos que desenvolven un labor esencial no ámbito social, coa formalización dun novo convenio de colaboración con Adaoemam A Mariña, ao que o Concello destina 20.000 euros.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou este novo acordo coa entidade, nun encontro no que participaron o presidente de Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado, e a directora xeral técnica, María José Nóvoa.

A achega municipal permitirá á asociación continuar desenvolvendo os seus programas e servizos e manter a atención que presta ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias. Trátase dun apoio que o Concello de 

Cervo mantén ano tras ano, consciente da importancia de contar con recursos próximos e especializados que contribúan á autonomía, inclusión e calidade de vida das persoas usuarias.

A rexedora puxo en valor a relación de colaboración que se mantén coa entidade ao longo de todo o ano e destacou especialmente a súa presenza no municipio, onde conta con dúas unidades residenciais, ademais de participar en diferentes iniciativas municipais.

Neste sentido, lembrou a colaboración no programa Arruguiñas, dirixido ás persoas maiores de Cervo, no que Saúde Mental A Mariña desenvolve diferentes talleres terapéuticos orientados ao benestar emocional, favorecendo tamén a creación de espazos de encontro e participación.

“Para o Concello de Cervo é importante seguir ao lado de Saúde Mental A Mariña e apoiar o extraordinario traballo que realizan cada día. Sabemos que detrás desta entidade hai profesionais e familias que traballan para mellorar a vida de moitas persoas e para construír unha sociedade máis inclusiva e máis consciente da importancia da saúde mental”, sinalou.

A alcaldesa incidiu en que este convenio “vai máis alá dunha achega económica”, xa que representa o compromiso municipal cunha atención especializada e próxima e co traballo de sensibilización que desenvolve a asociación.

“A saúde mental debe ocupar o lugar que lle corresponde nas nosas prioridades. Temos que seguir falando dela con naturalidade, derrubando estigmas e facilitando que as persoas que precisan apoio poidan atopalo”, afirmou.

Desde o Concello destacan, así mesmo, a comunicación permanente coa entidade, que permite coñecer de primeira man as súas necesidades e buscar vías de colaboración para darlles resposta.

“Queremos seguir sumando, acompañando e colaborando para que Saúde Mental A Mariña poida continuar facendo ese labor tan necesario no noso municipio e na comarca”, concluíu a rexedora. 

-
acto Ceuta
apertura parque Cervo
-
cobo a xunco
aira centro de emprendemento

“Aira” ofrecerá unha combinación de talleres, actividades creativas e culturais, produtos artesanais e servizos personalizados, con propostas dirixidas especialmente a bebés, nenos e nenas, familias e persoas adultas. O proxecto busca dar resposta á falta de espazos na comarca nos que as familias poidan crear, aprender e compartir tempo de calidade nunha contorna acolledora e inspiradora.

A iniciativa ocupará o local número 1 e combinará artesanía, talleres, actividades culturais e produtos personalizados para bebés, nenos, familias e persoas adultas

O Centro de Emprendemento do Concello de Cervo, situado no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, continúa ampliando a súa actividade coa incorporación dunha nova iniciativa empresarial. Trátase de “Aira”, un proxecto creativo, artesanal e familiar que ocupará o local número 1 das instalacións municipais e que nace coa vontade de converterse nun punto de encontro para a creatividade, a aprendizaxe e o tempo compartido en familia.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou esta mañá a cesión de uso do local coa promotora do proxecto, Tatiana Fraga Fernández, á que deu a benvida ao Centro de Emprendemento e desexou moita sorte nesta nova etapa.

“Aira” ofrecerá unha combinación de talleres, actividades creativas e culturais, produtos artesanais e servizos personalizados, con propostas dirixidas especialmente a bebés, nenos e nenas, familias e persoas adultas. O proxecto busca dar resposta á falta de espazos na comarca nos que as familias poidan crear, aprender e compartir tempo de calidade nunha contorna acolledora e inspiradora.

Entre as propostas previstas figuran talleres temáticos ao longo do ano, actividades familiares, contacontos e obradoiros para grupos e celebracións privadas, así como decoración personalizada. A iniciativa tamén elaborará produtos artesanais propios, como piñatas personalizadas, xoguetes artesanais e diferentes detalles e elementos decorativos feitos a man.

O local contará con dúas zonas diferenciadas: unha área de taller, na que se desenvolverán as actividades creativas e artesanais, e unha zona de exposición e venda, onde se ofrecerán os produtos elaborados por Aira, así como pezas doutros artesáns locais e colaboradores, contribuíndo á creación dunha rede de colaboración arredor da artesanía.

O proxecto presta ademais unha especial atención ás primeiras etapas da crianza e contempla propostas específicas para bebés, infancia e familias, así como actividades adaptadas ás diferentes idades e necesidades. Entre os seus obxectivos está tamén favorecer a inclusión, a participación comunitaria e a creación dun espazo seguro e acolledor.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que a incorporación de Aira “supón unha nova oportunidade para seguir dando vida ao Centro de Emprendemento de Sargadelos e para apoiar ás persoas que deciden apostar por desenvolver aquí os seus proxectos”.

A rexedora sinalou que “desde o Concello queremos que este espazo sexa un verdadeiro motor de emprendemento, actividade económica e dinamización social e cultural, e iniciativas como Aira demostran que Sargadelos é tamén un lugar no que poden xurdir proxectos innovadores, creativos e con futuro”.

“É especialmente interesante que esta proposta estea vinculada ás familias, á infancia, á artesanía e á identidade do territorio, porque encaixa perfectamente cos valores de Sargadelos e contribúe a poñer en valor o noso patrimonio desde unha perspectiva contemporánea”, engadiu.

Aira nace, segundo avanzan, coa intención de combinar tradición artesanal, creatividade, educación e comunidade, aproveitando o carácter singular do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. A súa actividade pretende contribuír á dinamización social, cultural e económica da contorna, ao tempo que promove o feito a man, o consumo responsable e o uso de materiais sostibles e de proximidade.  

Con esta nova incorporación, o Centro de Emprendemento do Concello de Cervo continúa consolidándose como un espazo dinámico e diverso, no que diferentes iniciativas empresariais conviven nunha contorna de gran valor histórico, cultural e turístico, combinando tradición, innovación, artesanía e novas formas de emprendemento.