A ALCALDESA MANTIVO UN ENCONTRO DE TRABALLO CO CONSELLEIRO DE CULTURA

Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a boa disposición e receptividade amosada, así como a importancia de seguir fortalecendo a cooperación entre administracións para avanzar en beneficio para toda a veciñanza.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo este martes unha proveitosa reunión co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para trasladarlle diversos proxectos e necesidades do noso municipio nestes ámbitos.

Durante o encontro exploráronse vías de colaboración institucional para impulsar novas iniciativas de dinamización e programación cultural, a posta en valor do noso patrimonio, o apoio á lingua galega e tamén actuacións dirixidas á mocidade.