DIVERTIDA E DIDÁCTICA TARDE DE TEATRO EN CERVO

Divers@s, unha proposta de Bátega Teatro, chea de personaxes que nos convidaron a reflexionar sobre a aceptación, a felicidade e o respecto polas diferenzas. 

Que tarde máis divertida pasamos hoxe co espectáculo Infantil e familiar: “Divers@s”  da compañía Bátega Teatro

no Salón de Actos do Concello de Cervo.

Unha proposta chea de personaxes que nos convidaron a reflexionar sobre a aceptación, a felicidade e o respecto polas diferenzas.