ESTE 25N, CERVO VOLVEU ACENDER A LUZ CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O acto “Unha vela por ti”, que finalmente se celebrou na Casa do Mar debido ás condicións climatolóxicas, reuniu veciñanza, entidades e representantes municipais e da comunidade educativa unha xornada emotiva, de memoria e compromiso.

A alcaldesa Dores García Caramés salientou que “a loita contra a violencia de xénero é unha responsabilidade colectiva; acendemos velas para lembrar, acompañar e tamén para manter viva a esperanza”. Tivo palabras especiais para Adela e María José, dúas veciñas que permanecen na nosa memoria e que nos lmbran a necesidade de non mirar cara outro lado.

O Concello agradece profundamente a colaboración de Mulleres en Igualdade Cervo, Saúde Mental A Mariña, ANPA CEIP Cervo, ANPA CEIP Península da Paz, así como á artista Verónica Cambón, que unha vez máis puxo voz e sensibilidade a este acto.

Tamén o traballo de Pilar, concelleira de Muller e Igualdade, e de todos/as os traballadores municipais que colaboraron na organización.

A recadación obtida destinarase á Vivenda Tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da Asociación Saúde Mental A Mariña, porque apoiar, protexer e acompañar é tamén actuar.

Grazas a todas as persoas que asististes e que acendestes unha vela, unha luz e unha mensaxe clara:

Cervo non dará nin un paso atrás na defensa da igualdade e na protección das mulleres.

Cada xesto suma. Hoxe sumamos luz.