O CONCELLO DE CERVO CELEBROU UNHA ANDAINA SOLIDARIA POLO DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA
Grazas a todas as persoas que participastes e vos unistes para dar visibilidade, apoio e forza a quen loita contra esta doenza e ás súas familias.
Cervo tinguiuse de rosa!
Hoxe celebramos a nosa andaina solidaria contra o cancro de mama, que partiu do Peirao de San Ciprián e encheu as rúas de cor, esperanza e solidariedade.
Grazas a todas as persoas que participastes e vos unistes para dar visibilidade, apoio e forza a quen loita contra esta doenza e ás súas familias.
Ademais, realizouse unha plantación de flores rosas no parque Reina Sofía, como xesto simbólico e permanente do compromiso de Cervo coa loita contra o cancro de mama.
Un agradecemento especial ás asociacións de Mulleres do municipio pola colaboración (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, As Espalladoras e Mulleres en Igualdade).
O paraugas rosa, agasallo do Concello de Cervo, acompañou esta xornada tan especial chea de emoción e unidade.
Cervo en Rosa!
Porque xuntas e xuntos somos máis fortes