O CONCELLO DE CERVO CONTINÚA COS TALLERES TERAPÉUTICOS DE ARRUGUIÑAS

O alumnado vén de rematar unhas fermosas axendas personalizadas, elaboradas con moita dedicación e ilusión, e xa comeza a darlle forma a uns faros feitos coas súas propias mans, nunha actividade creativa que se desenvolve en colaboración con Saúde Mental A Mariña.

Neste 2026 seguimos cos Talleres Terapéuticos de Arruguiñas

O alumnado vén de rematar unhas fermosas axendas personalizadas, elaboradas con moita dedicación e ilusión, e xa comeza a darlle forma a uns faros feitos coas súas propias mans, nunha actividade creativa que se desenvolve en colaboración con Saúde Mental A Mariña.

Á actividade asiste habitualmente a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, sendo testemuña do bo ambiente de traballo e convivencia que se respira. 

Un espazo de creatividade que ten lugar na Casa do Mar.