O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A PARTICIPAR ESTE SÁBADO NO MAGOSTO DA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA ISABEL, NA CASA DO MAR

O evento incluirá o primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, con música a cargo de DJ Tomás

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no Magosto organizado pola Comisión de Festas de Santa Isabel de Lieiro, que terá lugar o sábado 8 de novembro, a partir das 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.

Durante a celebración, que foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por membros da asociación organizadora, poderanse degustar castañas asadas, bocadillos de panceta e chourizo, empanadillas, ademais de desfrutar do servizo de bar.

A música e a animación estarán garantidas coa presenza do DJ Tomás, que será o encargado de poñer ritmo ao primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, que promete unha tardiña chea de diversión e bo ambiente.

Desde o Concello de Cervo animan a todos os veciños e visitantes a achegarse a San Ciprián para celebrar esta tradicional festa do outono galego.